
PARA ENCONTRAR AS COUSAS
Hay que rezar o responso de San Antonio. Está en castelán pero din que é moi milagreiro e pouco tempo despois, encontrarás o que perdiche:
“Si buscas milagros mira muerte y error desterrado. Miseria y demonios huidos leprosos y enfermos sanos, el mar sosiega su ira, redímense encarcelados, miembros y bienes perdidos, recobran mozos y ancianos. Un Padrenuestro a San Antonio de Padua para que conceda lo que pido.
El peligro se retira, los pobres van remediados, cuéntanlo los socorridos, díganlo los paduanos.
El mar sosiega su ira, redímense encarcelados, recobran mozos y ancianos”.

PARA O MAL DE OLLO
“Olláronte dous,
desóllente tres,
San Pedro, San Juan e San Andrés,
polo poder que Dios ten,
e a Virxen María amén”.

PARA AS CONXESTIÓNS DE ESTÓMAGO
Hai que facer un emplaste. Fritir unto con romana e poñelo nunha tela vella. Pegalo ao estómago e deixalo aí ata que despegue só. Estará feita a dixestión.

SE CHE ADORMECE UN PÉ
Cando che adormece un pé din que hai que hacer 3 cruces cun dedo no pé para que che pase o adormecemento.

PARA AS BERRUGAS
Leite de figo ou celidoña (a pranta que vedes na foto)

PARA OS SABAÑÓNS
A pranta que vedes na foto, que non lle sabemos o nome, pero se alguén o sabe, somos todo oídos…
Tamén vale quentar unha lámina de allo na cociña de leña e pegarlla ben quentiña ao sabañón.

PARA A INFECCIÓN DE ORINA DOS COCHOS
Dicían os vellos que lles había que cocer rabos das cereixas.

PARA A DOR DE GORXA
Dicían os vellos que había que poñer isulia no pescozo.

PARA O CATARRO
Nosa avoa facía un xarope do que non temos a receita pero sabía moi ben. E sabemos que levaba mel, eucalipto, ruda, romana, e salvia polo menos. Ogallá nos acordásemos.
Tamén funciona un aferventado xusto antes de ir para a cama ben quentiño, con viño, mel e limón :-).

PARA O ESTÓMAGO TORCIDO
Nosa bisavoa era curandeira e moitos viñan para que lles mirase o estómago. Hai que sentar á persoa no chan, coas pernas estiradas e as costas rectas. Relaxarlle os brazos e tirar deles para riba ata xuntar as mans:
- Se a man esquerda queda máis baixa entre dúas persoas, unha tira dela por debaixo dos brazos e a outra tíralle da perna esquerda.
- Se a man dereita queda máis baixa, o paciente ten que rezar un Noso Pai e a curandeira ten que recitar:
“Ana pariu a Santa Ana,
Santa Ana pariu a María,
María pariu a Jesús,
así como estas tres cousas con verdades,
estómago, espinilla e paletilla de
(nome e apelido do paciente)
que volva ó seu lugar
polo poder que Dios ten,
e a Virxe María Amén”.

PARA QUE LEVEDE O PAN E SAIA BEN A ZORZA
Coa man dereita cambiando de recta a doblada pola metade, facemos cruces pegadas á masa ou no aire no caso da zorza mentras rezamos:
“Durme desperta,
durme desperta,
que a gana de comer
ta aberta”

PARA O MAL “ROJO” DOS COCHOS
Fregalos con augardente.

VER UNHA SERPE ANTES DO SAN MARCOS
Din que se se ve unha serpe antes do San Marcos, neva antes de que chegue o verán.

PARA TER UN CAN QUE DEFENDA BEN A CASA
Cando toca elixir un can para que defenda ben a casa, hai que mirarlle debaixo do beizo cantos pelos ten. Poden ter un, dous ou tres, pode haber algún con catro pero o máis normal e que teñan ou dous ou tres. Pois se buscas un can que defenda ben a casa, mira que teña tres 🙂

PARA TER UN CAN QUE NON ESCAPE
Dicía miña avoa que cando se trae un can novo para a casa, había que pasalo 3 veces por detrás da cociña para que non sexa un can destes que marcha cada dous por tres por aí de “festa”.

PARA QUE A BESTA NON MOSQUE EN TODO O ANO
A noite de Noitevella, aí polas once e media da noite dicía meu pai que había que ir cortarlles as crinas ás bestas para que non escapasen en todo o ano (xa quedaría pouco :-))